mércores, 4 de maio de 2016

As nosas alumnas de segundo curso recén chegadas a Portugal.
Alba e Lucía quixeron acollerse a unha modalidade de beca Erasmus para realizar o período de prácticas en empresa e acadar o módulo de "Formación en centros de traballo" coa fin de titularse engadindo a experiencia de traballar nun país extranxeiro. A empresa "HEAVEN fashion clinic" líder no sector de Imaxe persoal é quen acolle ás nosas alumnas. O salón está situado na comarca de Braga (Portugal)
Dende o departamento queremos agradecerlles ás nosas alumnas Alba e Lucía o seu interese e perseverancia por acadar a excelencia profesional e desexarlles a mellor estancia posible.






Ningún comentario:

Publicar un comentario