MÓDULOS


Familia: Imaxe persoal
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MIMP02


Que se aprende a facer?
Realizar o coidado e o embelecemento do cabelo, a estética de mans e pés e o estilismo masculino, así como comercializar servizos e venda de cosméticos, cumprindo os protocolos de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.


En que ámbitos se traballa?En empresas de imaxe persoal dedicadas aos procesos de peiteado de uso social, onde desenvolve tarefas de prestación de servizos, comercialización, aprovisionamento,calidade, protección fronte a riscos e control de efluentes e residuos. Adoitan actuar por conta allea, integrándose en equipos de traballo con persoas cun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.


Que ocupacións se desempeñan?Peiteador/ora, barbeiro/a, técnico/a en coloracións capilares, técnico/a en cambios de forma do cabelo, técnico/a en corte de cabelo, técnico/a en postizaría, técnico/a enmanicura, técnico/a en pedicura, técnico/a ou axente comercial de empresas do sector,recepcionista en empresas de peiteado, demostrador/ora de equipamentos, cosméticos e técnicas de peiteado.

Cales son os módulos deste ciclo?



Que título se obtén? Técnico en peiteado e cosmética capilar.


  
CICLO MEDIO DE PEITEADO E COSMÉTICA CAPILAR IES PERDOURO DE BURELA





Módulo de cambios de forma permanente do cabelo 
Duración: 87 horas
Este módulo permítelle ao alumnado obter o ceñecemento necesario para a modificación da forma natural do cabelo e crear unha nova que se mantén cos lavados ademáis  de caracterizar e personalizar os procedementos de alisado, ondulado e rizado segundo as necesidades, os gustos e as características específicas de cada cliente.

Módulo de Marketing e venda en imaxe persoal
Duración: 70 horas

En Marketing aprendemos a vender productos cosméticos no salón de peiteado, así como a colocación deles nos expositores para facilitar a súa  venda. Coñeceremos tamén as técnicas da promoción e da publicidade.


Módulo de coloración capilar
Duración: 210 horas







Aprenderemos a realizar propostas de coloración capilar empregando as distintas técnicas para cambiar de forma total ou parcial a cor do cabelo. Diferenciaremos os colorantes pola súa naturaleza e durabilidade desenvolvendo  técnicas novidosas e de actualidade. 



Módulo de Estética de mans e pés
Duración: 107 horas

No módulo aprenderemos a realizar manicuras, pedicuras e masaxe estética de mans e pés. Levaremos a cabo o arte da maquillaxe de unllas con diferentes tipos de esmaltados semipermanentes e de fantasía e empregaremos tratamentos estéticos específicos para as mans e os pés.


Módulo de análise capilar
Duración: 107 horas

Neste módulo, pretendemos promover a comprensión do órgano cutáneo e os seus anexos, así como as súas alteracións, para centrarnos posteriormente na análise e deseño de protocolos de coidados capilares e a súa aplicación.




Módulo de imaxe corporal e hábitos saudables
Duración: 133 horas


A finalidade deste módulo é dar a coñecer o funcionamento do organismo e a súa implicación nas alteracións que afectan á imaxe persoal; como realizar un traballo en perfectas condicións hixiénico-sanitarias, así como identificar os hábitos de vida saudables.
Módulo de Cosmética para peiteado
Duración:160 horas

Na Cosmética para peiteado, coñeceremos a composición química dos cosméticos para podela relacionar coas consecuencias que estos poden ter sobre o cabelo e así observar cales son as funcións e as incompatibilidades entre eles.


Módulo de Peiteados e recollidos
Duración: 266 horas


Ó longo deste módulo o alumnado aprende as destrezas necesarias para a realización de diferentes técnicas de peiteados, recollidos e colocación de extensións capilares. Ademáis, como todas as técnicas requiren dunha persoalización e adaptación das características fisionómicas da persoa, ó final do módulo serán capaces de aconsellar  aos clientes sobre os peiteados mais favorecedores segundo as súas características.


Módulo de Peiteado e estilismo masculino
Duración: 80 horas

Neste módulo estúdanse as técnicas de barbaría e estilismo facial masculino. Co desenvolvemento dos contidos adqúirense as seguintes capacidades:

- Identificar e preparar a zona de traballo, organizando todos os medios necesarios en condicións de seguridade e hixiene.
- Deseñar estilos de barba e bigote, utilizando técnicas de visaxismo e de tratamento da imaxe.
- Realizar o arranxo de barba e bigote, utilizando os medios e utensilios adecuados.
- Realizar o rasurado e as técnicas previas e coidados complementarios ao rasurado, relacionando as características da pel cos tratamentos estéticos adecuados.
- Aplicar tecnicas de estilismo facial masculino e realizar corte e acabamento de cabelo, integrando as técnicas de estilismo.





Módulo de Técnicas de corte do cabelo
Duración: 210 horas
Neste módulo apréndese a:

1. Preparar a zona de traballo, seleccionando medios, útiles e ferramentas.
2. Caracterizarlas técnicas de corte, relacionándoas co efecto visual pretendido.
3. Propoñer cortes de cabello, analizando as características morfolóxicas e persoais do usuario.
4. Cortar o cabelo con tesoura, relacionando a técnica coas características do cabelo e o estilo de corte.
5. Cortar o cabello con navalla, relacionando o método co estilo de corte.
6. Realizar o corte de cabelo con maquinilla, relacionando a técnica coas características do cabelo e o estilo de corte.


Módulo de Empresa iniciativa e emprendedora
Duración: 53 horas










  • Recoñecer as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, analizando os requerimientos derivados dos postos de traballo e das actividades empresariales.
  • Definir a oportunidade de creación dunha pequena empresa, valorando o impacto sobre o entorno de actuación e incorporando valores éticos.
  • Realizar actividades para a constitución e posta en marcha dunha empresa, seleccionando a forma xurídica e identificando as obligacións legales asociadas.
  • Realizar actividades de xestión administrativa e financieira dunha PYME, identificando as principales obligacións contables e fiscales e cumplimentando a documentación.



  • Módulo de Formación e orientación laboral (FOL)
    Duración: 107 horas

    1. Desenvolver a competencia xeral correspondente á cualificación o cualificacións obxeto dos estudos realizados.
    2. Comprender a organización e características do sector productivo correspondente, así como os mecanismos de inserción profesional; coñecer a lexislación laboral e os dereitos e obligacións que se derivan das relacións laboraiss.
    3. Aprender por sí mesmos e traballar en equipo, así como formarse na prevención de conflictos e na resolución pacífica dos mesmos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.
    4. Traballar en condicións de seguridade e saúde así como prever os posibles riscos derivados do trabajo.
    5. Desarrollar unha identidade profesional motivadora de futuros aprendizaxes e adaptacións á evolución dos procesos produtivos e aocambio social.
    6. Afianzar o espíritu emprendedor para o desempeño das actividades e iniciativas profesionais.
    7. Lograr as competencias relacionadas coas áreas prioritarias referidas na  Ley Orgánica 5/2002 de 19 de xuñoo, das cualificacións e da FP.
    8. Facer realidade a formación ao longo da vida e empregar as oportunidades de aprendizaxe a través das distintas vías formativas para manterse actualizado nos distintos ámbitos: social, persoal, cultural e laboral, conforme ás súas expectativas, necesidades e intereses.









    Ningún comentario:

    Publicar un comentario