ACTIVIDADES

   ASESORANDO A  IMAXE:

 A fin de empregar as tics como ferramenta para o manexo da imaxe persoal, o profesorado promove unha actividade de mellora e cambio de peiteado mediante sistemas informáticos.
O noso alumnado sometido ao control de imaxe persoal dixitalizado:

Alba García
Alumna de 2º curso do ciclo medio de Peiteado e cosmética capilar

Alba, de estilo natural, porta unha imaxe cansada debido a que os seus ollos adoptan unha forma descendente que cobran solución cunha maquillaxe de ollos ascendente e a introducción de pestanas  postizas no final do párpado superior que os eleva nos extremos.

Centrándonos no peiteado para potenciar a súa imaxe e sabendo que  
dispón dunha sub-tonalidade natural de pel rosada, dunha cor de cabelo rubio medio ceniza e duns ollos  avellana  con coroas grisáceas , propoñemos a Alba empregar tonos medios con reflexos fríos en coloracións capilares   para potenciar  a súa imaxe.  (figura 1)

Segundo o sistema tonal de Asesoría de Imaxe persoal, Alba pertence ao grupo das persoas denominadas "soft" ou "suaves" e segundo o sistema estacional está comprendida no grupo de persoas "verán suave", con que  suaves tamén terán que ser as cores elexidas para o seu cabelo coa fin de que  fagan aparecer e resaltar aínda máis a súa imaxe.

Conclusión:
En calidade de Imaxe,  os tonos fríos, brillantes, claros e escuros proporcionan a Alba maior rixidez, seriedade e distancia. (figura 2 e 3).  Poderá empregar estos valores de cor máis brillantes e intensos no seu cabelo sempre que eleve o nivel de profundidade na maquillaxe cuns ollos esfumados en tonos fríos. Así non perderá en calidade de beleza. Por outro lado os tonos fríos suaves farán que Alba se mostre máis perfilada e atractiva.

Cun cabelo fino e tratado químicamente por un efecto de mechas californianas chegamos á conclusión de que a nosa alumna tratará de evitar os cortes de cabelo a navalla, elexirá coloracións capilares tratantes pola textura fina do seu cabelo e introducirá no seu coidado diario unha rutina de nutrición con fórmulas cosméticas que non aporten pesadez ao seu cabelo.

 O rostro é ovalado e a súa fisionomía  é atlética e  normosómica, cunha altura mediana polo que non precisa de grandes correccións a través do peiteado. Deste xeito poderá escoller calquera forma e lonxitude no seu cabelo. Tratará de apostar por cortes desconectados e  desestructurados xa que  resaltarán a personalidade descansada dun tipo de rostro tan harmónico.

imaxe 1

imaxe 2

imaxe 3
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sarai
Alumna de 1º curso de ciclo medio de Peiteado e cosmética capilar


---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Alba Otero
Alumna de 2º curso de ciclo medio de Peiteado e cosmética capilar






--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Visita da Fundación de discapacitados físicos e psíquicos "Euson" de Burela.
Esta actividade permite ao alumnado realizar as súas prácticas do ciclo formativo. Tamén fomentar entre o alumnado un clima de tolerancia, respecto, asertividade e empatía cos usuarios e demáis colaboradores da fundación.
Deste xeito encamiñamos ao alumnado hacia unha maior e mellor profesionalidade resultando máis cualificados no trato persoal.
Por outro lado o alumnado indicou aos usuarios da fundación a maneira fácil de levar a cabo o arranxo da súa imaxe persoal diaria.







Curso de coloración capilar e técnicas de corte do cabelo impartido polo grupo artístico HC Cosmetic" (Marzo 2015)
















Curso de coloración capilar e técnicas de corte do cabelo impartido polo grupo artístico HC Cosmetic" (Marzo 2015).

O alumnado participou de tódalas técnicas de tendenza en coloración capilar e corte do cabelo da man dos técnicos do grupo artístico de HC.



Aproveitando o entroido decidimos propoñer aos nosos alumnos un traballo de imitación baseado na película "Grease" dos 80'.
 5-02-2016
O alumnado construíu peiteados baseados na película dos 80' na aula taller. Completaron a actividade coa indumentaria correspondente.








Visita a Salón Look Madrid 2015, expofeira internacional de Imaxe Persoal.
Os alumnos empezaron o curso asistindo á feira de Imaxe Persoal que tivo lugar en Madrid onde se enriqueceron de novidades achegadas polas grandes firmas cosméticas de peiteado e polos diferentes equipos artísticos internacionales do sector.







Presentamos o primeiro Congreso de Imaxe Persoal no IES Perdouro de Burela en Xuño de
2015
As empresas colaboradoras no módulo de FCT (Formación en centros de traballo) acudiu ao noso centro para participar do congreso e achegarnos o concepto ou filosofía da súa empresa ao noso alumnado.
Participaron dunha mesa redonda alumnos, empresarios e profesores onde se analizaron as bases para mellorar a integración do alumnado no sector profesional de peiteado e da imaxe persoal.















Expo-beleza "Beauty Galicia" en A Coruña.
Reencontro do profesorado de Imaxe Persoal do IES Perdouro co ex-alumnado de Imaxe Persoal do IES A Pinguela de Monforte de Lemos.



Viaxamos co alumnado de Peiteado á Expo-beleza "Beauty Galicia" en A Coruña (Curso 2014-15)
O alumnado experimentou a relación con outros centros de Formación Profesional de Galicia da especialidade de Peiteado que tamén visitaron a feira. Visualizaron as tendencias do sector da Imaxe persoal e viron traballar a profesionais do peiteado que realizaban traballos en directo.




Curso corte do cabelo e coloración capilar no IES Perdouro da man do grupo artístico de HC Concept. (Ano 2015)


Curso corte do cabelo e coloración capilar no IES Perdouro da man do grupo artístico de HC Concept. (Ano 2015)


Entroido 2015 "Caníbales"
Alumnado de 2ºcurso de Peiteado e cosmética capilar


Alumnado de 2º curso de Peiteado
Entroido 2015


Alumnado de 2º curso de Peiteado
Entroido 2015



Balneario De Guitiriz. 2014
                                          
Alumnado gañador do primeiro premio Color Art de Lòreal en Bueu. 15-5-2012

Á esquerda vestidas de escuro as nosas anfitrionas alumnas Malvin e Helen,  no mesmo intre de recibir a noticia por megafonía de que representaban aos gañadores do certame : IES PERDOURO DE BURELA
Primer premio Color Art Lòreal Bueu . 15-5-2012

Color Art Bueu. 15-5-2012
O alumnado do ciclo de peiteado asistiu ao certame de competición que promociona a firma cosmética LÓREAL PROFESSIONNEL PARÍS entre institutos de toda Galicia . Tiñan que  realizar en directo ante centos de asistentes  un traballo de coloración capilar e corte de cabelo e outro dun peiteado artístico, presentalos logo a concurso de votación nas instalación do departamento de Imaxe Persoal do IES Johan Carballeira de Bueu, onde se celebraba o certame e onde o noso alumnado alzouse co primeiro premio  asistidos e acompañados do seu profesorado: Elena Canay, Luís Ramilo, Nuria Fernández e Javier Rouco.

http://www.edu.xunta.es/portal/node/4844

http://www.edu.xunta.es/fp/album-trofeo-color-art-2012-patrocinado-por-l%E2%80%99oreal-no-ies-johan-carballeira


Color Art. O Barco de Valdeorras. 10-5-2011

Color Art. O Barco de Valdeorras. 10-5-2011
Curso color L'oreal . Enero 2011
Curso color L'oreal. Enero 2011

Curso  corte L'oreal. 16-3-2011


Exposición traballos de manicura (curso 2012/13)




Ningún comentario:

Publicar un comentario