domingo, 22 de abril de 2018

Falan de nós na prensa como referentes da innovación na Formación profesional.


O profesorado do Departamento de Imaxe persoal do IES Perdouro promoveu unha viaxe de 4 días a Oporto e Lisboa coa finalidade de participar no Congreso e Feira internacional de cosmética e Imaxe persoal e coñecer o país veciño acompañados dos profesores e alumnos da mesma familia profesional do IES Muralla Romana de Lugo e do IES A Pinguela de Monforte. Grazas a unha boa planificación entre centros e ao bo comportamento do alumnado todos poidemos disfrutar desta gran oportunidade.
















A nosa alumna Mirian Fernándes Prendes -beneficiada dunha beca Erasmus- está a desenvolver a FCT na barbería Labsixtyone de Oporto en Portugal.
iNoraboa Mirian!





O noso alumnado Erasmus xa está no país de destino realizando as prácticas do módulo de Formación en centros de traballo (FCT). Javier Rouco -xefe de departamento de Imaxe persoal e coordinador de programas europeos- viaxou para asesorar e xestionar a estancia do seu alumnado.




O noso alumnado coa coordinación de proxectos europeos ultimando detalles.Todo listo para partir a Madeira e Oporto en Portugal e a Potenza en Italia.