xoves, 17 de marzo de 2016

O noso alumnado sometido ao cambio de imaxe dixitalizado mediante as tics:


Alba García
Alumna de 2º curso do ciclo medio de Peiteado e cosmética capilar do IES PERDOURO de Burela

Alba, de estilo natural, porta unha imaxe cansada debido a que os seus ollos adoptan unha forma descendente que cobran solución cunha maquillaxe de ollos ascendente e a introducción de pestanas  postizas no final do párpado móbil que os eleva nos extremos.

Centrándonos no peiteado para potenciar a súa imaxe e sabendo que  
dispón dunha sub-tonalidade natural de pel rosada, dunha cor de cabelo rubio medio ceniza e duns ollos  avellana  con coroas grisáceas , propoñemos a Alba empregar tonos medios con reflexos fríos en coloracións capilares   para potenciar  a súa imaxe.  (figura 1)

Segundo o sistema tonal de Asesoría de Imaxe persoal, Alba pertence ao grupo das persoas denominadas "soft" ou "suaves" e segundo o sistema estacional está comprendida no grupo de persoas "verán suave", con que  suaves tamén terán que ser as cores elexidas para o seu cabelo coa fin de que  fagan aparecer e resaltar aínda máis a súa imaxe.

Conclusión:
En calidade de Imaxe,  os tonos fríos, brillantes, claros e escuros proporcionan a Alba maior rixidez, seriedade e distancia. (figura 2 e 3).  Poderá empregar estos valores de cor máis brillantes e intensos no seu cabelo sempre que eleve o nivel de profundidade na maquillaxe cuns ollos esfumados en tonos fríos. Así non perderá en calidade de beleza. Por outro lado os tonos fríos suaves farán que Alba se mostre máis perfilada e atractiva.

Cun cabelo fino e tratado químicamente por un efecto de mechas californianas chegamos á conclusión de que a nosa alumna tratará de evitar os cortes de cabelo a navalla, elexirá coloracións capilares tratantes pola textura fina do seu cabelo e introducirá no seu coidado diario unha rutina de nutrición con fórmulas cosméticas que non aporten pesadez ao seu cabelo.

 O rostro é ovalado e a súa fisionomía  é atlética e  normosómica, cunha altura mediana polo que non precisa de grandes correccións a través do peiteado. Deste xeito poderá escoller calquera forma e lonxitude no seu cabelo. Tratará de apostar por cortes desconectados e  desestructurados xa que  resaltarán a personalidade descansada dun tipo de rostro tan harmónico.







Ningún comentario:

Publicar un comentario