venres, 26 de maio de 2017

Outro ano máis, este departamento recibiu a visita dos usuarios da fundación de discapacitados físicos e psíquicos "Eu son" de Burela durante a xornada da mañá deste xoves.

Esta experiencia de convivencia fai sempre que o noso alumnado poña en harmonía certos valores que deben ir implícitos na formación dun profesional de peiteado, coma o respeto, a integración e a empatía para que deste xeito, como futuros profesionais, contribúan a unha sociedade mellor.

¡Grazas amigos "Eu son" por confiar en nós e por todo o aprendido! ¡Esperámosvos para o vindeiro curso académico coa mesma ilusión!

(Agradecer tamén en especial a perserverancia no traballo do noso alumnado de primeiro curso e ao profesorado implicado a seriedade na preparación desta actividade.  ¡Grazas!)

taller de coloración


Taller de estilismo




taller de afeitado





taller de peiteados

Ningún comentario:

Publicar un comentario